ALANTRE reclama una política llingüística efectiva pal llionés y el galego de Llión

21/02/2026. Güei celébrase el Día Internacional de la LLinguas Maternas, efeméride que solo sirve pa sacar la vergoñas de los partidos políticos llioneses ensin excepción, unos por inacción dafeitu ya outros por medidas simbólicas ensin planificación nenguna. Partidos que carecen d'un compromisu nas instituciones onde gobiernan de plantegar una normalización llingüística de mínimos, nin de usala nel día a día de la sua acción política.

Por ello, dende Alantre exigimos la puesta en marcha de una política lingüística propia para que reconozca, protexa y promueva'l llionés y el galego de Llión como llinguas autóctonas dientru del nuesu patrimoniu cultural y social de tódolas llionesas/es. Las nuesas llinguas, güei minorizadas, necesitan medidas urxentes de normalización y protección que garanticen el dereitu de la ciudadanía a conocelas y usalas. 

La sua revitalización yia amás una erbia de cohesión social y respetu a los dereitos llingüísticos de los falantes. Pa eillu, pediremos al Gobiernu autonómicu un Plan de Normalización Llingüística pa dambas llinguas, previa promulgación d'una Llei que las regule, dotando de recursos humanos y económicos suficientes, que cueya ensiñu, alministración, medios de comunicación, cultura, deporte, economía y nuevas tecnologías. Recordamos que estás medidas están dientru de las peticiones que'l Conseyu d'Europa reclamóu en repetidas ocasiones, pidiendo que las alministraciones pasen de l'actual inacción a una política activa y transversal.

—————————————————————————————————————————————-

ALANTRE reclama unha política lingüística efectiva para o leonés e o galego de León

21/02/2026. Hoxe celébrase o Día Internacional das Linguas Maternas, efeméride que só serve para sacar as vergoñas dos partidos políticos leoneses sen excepción, uns por inacción absoluta e outros por medidas simbólicas sen planificación ningunha. Partidos que carecen dun compromiso nas institucións onde gobernan de expor unha normalización lingüística de mínimos, nin de usala no día a día da súa acción política.

Por iso, dende Alantre esiximos a posta en marcha dunha política lingüística propia para que recoñeza, protexa e promova o leonés e o galego de León como linguas autóctonas dentro do noso patrimonio cultural e social de todas as leonesas/es. As nosas linguas, hoxe minorizadas, necesitan medidas urxentes de normalización e protección que garantan o dereito da cidadanía a coñecelas e usalas.

A súa revitalización é ademais unha ferramenta de cohesión social e respecto aos dereitos lingüísticos dos falantes. Para iso, pediremos ao Goberno autonómico un Plan de Normalización Lingüística para ambas linguas, previa promulgación dunha Lei que as regule, dotando de recursos humanos e económicos suficientes, que abranga ensino, administración, medios de comunicación, cultura, deporte, economía e novas tecnoloxías. Lembramos que estas medidas están dentro das peticións que o Consello de Europa reclamou en repetidas ocasións, pedindo que as administracións pasen da actual inacción a unha política activa e transversal.

Anterior
Anterior

ALANTRE CON LOS VECINOS DE PUENTE CASTRO ANTE LA CONCENTRACIÓN DE INSTALACIONES PERJUDICIALES EN EL BARRIO

Siguiente
Siguiente

Alantre situará lo público en el centro para garantizar igualdad, cohesión y justicia territorial